FOTOGALERÍA | Os nenos do CDR O Viso desfrutan das piscinas de Trasmiras

Os nenos pasaron a xornada nas piscinas de Vilaseca, en Trasmiras. | FOTOS: Noelia Caseiro.
O alcalde de Trasmiras, Emilio Pazos, foilles dar a benvida ás instalacións.

As piscinas municipais de Vilaseca, en Trasmiras, contaron esta mañá co visita dos rapaces que participan este verán no Programa Corresponbles da localidade e tamén dos cativos do campamento do CDR O Viso. Nas instalacións divertíronse xogando e mollándose ao longo da mañá.

O alcalde de Trasmiras, Emilio Pazos, estivo nas piscinas para darlles a benvida ás piscinas, que abriron esta mesma semana. Ao longo deste verán teñen programadas máis actividades para levar a cabo neslas polas mañás.