NOTICIAS A LIMIA | A Virxe da Gracia regresou a Trasmiras

Despois de dous anos sen festa, a Virxe da Gracia volveu saír da súa capela para a misa no campo e regresou en procesión, acompañada por máis dun cento de fieis, que rematou na tradicional poxa por coller unha das catro andas para a entrada no templo. Trasmiras viviu a segunda romaría do mes, despois da dos Remedios. E esta vez baixo a calor desta mañá de domingo.  

FOTOGRAFÍAS: Iván Iglesias.