FOTOGALERÍA | Os nenos coñecen a aldea de Saa en Vilar de Santos

Os nenos de Vilar de Santos que participan nas actividades de conciliación no verán visitaron esta mañá a aldea e o castro de Saa. Ao longo da xornada estiveron acompañados polos mozos do campo de voluntariado da Xunta chamado "Sapere Aude", nome desta aldea didáctica, que se está a celebrar este verán entre Vilar de Santos e Allariz.

 

Rapaces de entre 18 e 30 anos de Galicia, pero tamén de Albacete, Almería, Cantabria, Huelva, Madrid, Salamanca, Valencia e Biscaia, participan nesta iniciativa de verán da Xunta. A arqueoloxía e o medioambiente son a súa temática e os participantes deron a coñecer aos máis pequenos o que están a facer.