NOTICIAS XINZO | Elvira Lama, a que máis posou para o álbum do cuatripartito

XANEIRO. Cos Reis Magos, o día 5 de xaneiro, ás portas da Casa do Concello.
Na restauración dun forno en Faramontaos, con Amador Díaz, en xaneiro
Xunto a Amador Díaz, o tenente de alcalde, nunha visita do Delegado Territorial da Xunta.
Cos concelleiros Ramón Gómez e Rafael Penabad nunha visita ao obradoiro de emprego.
Nun acto con Alfredo García en Xinzo, nas primarias do PSOE provincial.
FEBREIRO. Na presentación da 'Historia da Música en Xinzo', de Miro Cerredelo, con Ramiro Rodríguez, concelleiro de Cultura.
Na presentación das novas ferramentas da Policía Local, co concelleiro de AXIL, Ramón Gómez.
Presentación da nova interventora do Concello de Xinzo, en febreiro pasado.
MARZO. Elvira Lama, nun acto de apoio ao pobo de Ucraína. | FOTO: N. Caseiro
Na saída dun camión con axuda humanitaria para as vítimas da guerra en Ucraína. | FOTO: N. Caseiro
Atendendo aos medios na saída do camión coa axuda humanitaria. | FOTO: N. Caseiro
O 8 de marzo, con Alberto González
Nunha xornada de información do PSOE aos retornados.
Nun concerto na Igrexa Nova.
Na tractorada en Xinzo.
Na presentación en marzo do plan de seguridade viaria.
Na presentación da campaña, co xefe provincial de Tráfico, David Llorente. | FOTO: N. Caseiro
Na concentración do sector primario Xinzo, o 22 de marzo. | FOTO: N. Caseiro
Na concentración da hostalaría en Xinzo o 28 de marzo. | FOTO: N. Caseiro
Finais de marzo en Ganade, cos maiores dun obradoiro de memoria.
Con responsábeis do Centro de Saúde. Do novo Plan de Saúde aínda non hai noticia no Concello.
ABRIL. Durante a presentación do proxecto de reforma da N-525, o anuncio estrela do mandato. | FOTO: N. Caseiro
Con alumnas do grao de Pedagoxía da USC.
Momentos previos ao inicio dunha charla informativa na Casa do Concello. | FOTO: DdLi.
Con ProLimia, xunto ao concelleiro Pérez Campos, a principios de abril na presentación da campaña do comercio local en Semana Santa.
En Santa Mariña, no Programa Universitario de Maiores.
O 13 de abril na presentación da curta 'O Legado', na Praza Maior.
Cos xuvenís do AB Xinzo, campións de Liga. | FOTO: DdLi.
MAIO. Na presentación dunha exposición na Casa da Cultura sobre a emigración, que promoveu Abanca.
Na sinatura dun convenio na Deputación, con Manuel Baltar. | FOTO: Deputación Provincial de Ourense.
Visita a Galiciencia en maio co tenente de alcalde, Amador Díaz.
Na inauguración da Praza da Música a principios de maio.
Finais de maio, presentación do verán deportivo en Xinzo, co concelleiro de Deportes.
En maio, cos participantes no obradoiro de emprego, xunto aos concelleiros Ramón Gómez e Rafael Penabade.
En maio, coa Asociación de Senderistas da Limia.
Co concelleiro de Cultura e os organizadores na presentación da Feira das Mozas en maio.
Actos do 17 de maio en Xinzo, cos concelleiros Rodríguez e Pérez Campos.
A tarde do ascenso do Antela. Na Moreira, con Rafael Penabad, concelleiro de Deportes. | FOTO: N. Caseiro
XUÑO. Nunha visita á casa do poeta Tovar en Rairiz. | FOTO: DdLi.
Nunha andaina popular en Xinzo.
No Limia, o 20 de xuño, co presidente da CHMS e os concelleiros Gómez, Penabad e Díaz.
Finais de xuño, cos participantes no campus de fútbol.
Finais de xuño, cos participantes no campus de básket.
En xuño, en Compostela, nunha peregrinación coa Asociación de Sendeiristas.
En xuño en Compostela noutra peregrinación con escolares de Xinzo.
Con Ramón Gómez e Rafael Penabad a principios de xuño nas piscinas.
Ramiro Rodríguez e Elvira Lama, na presentación do programa das Festas de Santa Mariña.
XULLO. Acto institucional do 25 de Xullo en Xinzo.
Coas alumnas do obradoiro de emprego en xullo.
Na entrega de diplomas do obradoiro de emprego en xullo, cos concelleiros Pérez Campos e Ramón Gómez.
Presentación de resultados iniciais do Plan de Igualdade participativo de Xinzo, a comezos de xullo.
Con Ramiro Rodríguez e Manuel Pérez Campos, na entrega dos premios da Fundación Casares.
AGOSTO. Comezos de agosto, presentación dunha xornada do Consello da Cultura coa Escola Rural de Saúde.
Despedida dos voluntarios do programa Xacobeando en agosto, cos concelleiros Díaz, Gómez e Pérez.
En agosto, reunión sobre seguridade no Esquecemento, cos concelleiros Gómez e Rodríguez.
Foto da partida da viaxe coa Banda de Gaitas o 22 de agosto.
Na presentación en agosto da Festa do Esquecemento.
Na presentación en agosto da iniciativa Trocalibros, co concelleiro de Deportes.
Nas xornadas de Folklore, co concelleiro de Cultura, R. Rodríguez.
Presentación da exposición sobre o Esquecemento.
Presentación da Feira do Comercio en agosto con ProLimia e os concelleiros do goberno Díaz e Pérez.
Visita previa ao comezo do Esquecemento en agosto con Gómez, Pérez e Díaz.
Viaxe á República Checa. 23 de agosto. No seu perfil persoal en Facebook.
Viaxe á República Checa. 25 de agosto. No seu perfil persoal en Facebook.
Viaxe á República Checa. 26 de agosto. No seu perfil persoal en Facebook.
Viaxe á República Checa. 28 de agosto. No seu perfil persoal en Facebook.

O durísimo comunicado do PP de Xinzo onte contra o protagonismo que a alcaldesa, Elvira Lama, tomou na viaxe da Banda de Gaitas á República Checa a través da publicación de imaxes nas redes sociais, convenientemente amplificadas desde as redes oficiais do Concello de Xinzo durante os días que durou a misión, e a mención directa ao responsábel de comunicación a servizo do goberno local, persoa cunha estreita vinculación ás estruturas do PSOE, volve colocar no foco as dificultades de comunicación dun goberno no que, ademais do PSOE, participan un representante do BNG, dous de AXIL e o concelleiro Pérez Campos (xa sen adscrición).

O álbum 2022 do goberno cuatripartito evidencia a absoluta preferencia na comunicación municipal de Elvira Lama (que ten apenas un concelleiro máis que o seguinte socio, e suma un menos que todos os demais xuntos). Lama é a raíña da galería oficial nestes últimos oito meses. A personalización da comunicación na súa figura foi en aumento a medida que avanza o tempo e se achegan as municipais do ano que vén.

Lama, e o PSOE con Lama, arrancarán o curso político previo aos comicios de maio con varios corpos de vantaxe grazas a unha comunicación externalizada e que, sobre o papel, debería atender a todos os departamentos e formacións que compoñen a ampla coalición.

Nestes últimos meses a comunicación está indo por diante da política, e engulindo a política ao mesmo ritmo que Elvira Lama engole o protagonismo do resto de concelleiros. Como exemplo, a última campaña de Cultura, a iniciativa Trocalibros, na que Ramiro Rodríguez (BNG) desapareceu dos focos e quen acompañou á alcaldesa foi o concelleiro socialista de Deportes. A anulación do responsábel nacionalista de Cultura por parte da alcaldesa foi un fito notábel que tamén subliñou o PP. 

Como exemplo tamén están os esforzos de Amador Díaz (AXIL), tenente de alcalde e máximo rival de Lama entre os partidos da coalición na próxima carreira pola Alcaldía, para intentar levar por si mesmo unha comunicación autónoma e en paralelo. Mais sen conseguir desfacerse dos compromisos que atan a colación, e que ofrecen curiosos (e negativos) resultados, como o feito de ter presentado onte unha feira (a máis importante que se celebra na Limia) que comeza mañá.

A seguinte colección de imaxes (a maioría, difundidas polo Concello de Xinzo) resumen a actividade pública de Elvira Lama á fronte do cuatripartito durante as últimas 34 semanas, practicamente as mesmas que faltan para que comece a próxima campaña electoral, que xa lanzou o PSOE facendo uso da comunicación municipal que comparte cos socios e futuros rivais en maio de 2023.