viernes. 19.04.2024

“La Sierra del Larouco es percibida y definida como un espacio de elevado interés natural que integra componentes de gran belleza escénica, favorable para pasar el tiempo de ocio y para la práctica de diversas actividades en la naturaleza. Este aspecto supone una ventaja de partida en su necesaria dinamización territorial”, conclúe un estudo académico publicado no 2017 na revista Anales de Geografía de la Universidad Complutense, que recalca a confianza da veciñanza no potencial turístico do Larouco.

O artigo, que foi incorporado pola plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova nas súas alegacións contra o proxecto de Iberdrola de construír unha liña de alta tensión de 11 quilómetros que atravesaría a vertente norte do Larouco, afirma que é “evidente” que entre a veciñanza é común a idea de “que hay muchos recursos turísticos sin utilizar, en estado latente”.

As profesoras Elena De Uña e María del Carmen Cuquejo, da Universidade de Vigo, e Montserrat Vilariño, da Universidade de Compostela, entrevistaron mediante un cuestionario sobre territorio e turismo a 28 persoas que identificaron como axentes clave -empresarios, técnicos da Administración local e outros profesionais- en San Paio, Vilamaior da Boullosa, Baltar, Lucenza, A Madanela, Cualedro, Monterrei e Verín.

Serra do Larouco. Turismo. Eólicos (2)Detalle da Serra do Larouco. | FOTO: Passaporte no bolso.

Empezaron definindo o Larouco como unha área xeográfica integrada nos Xeodestinos Celanova-Limia (municipio de Baltar) e Verín-Viana (municipio de Cualedro), que Turismo de Galiza promociona a través de atractivos do patrimonio arqueolóxico e histórico. E anotan: “A pesar de la similar importancia de los bienes naturales en Galicia y Portugal, en el territorio portugués del Larouco la promoción tanto del turismo en la naturaleza como del turismo rural (seis alojamientos) presenta mayor desarrollo”.

As autoras tamén fan referencia ás políticas da Xunta de revitalización do rural, e lembran algunha das accións do Programa de Desenvolvemento Rural Sostíbel de 2014, a respecto das cales os denominados actores clave consideran que “planes y programas de desarrollo rural aplicados en aras de la sostenibilidad arrojan resultados poco satisfactorios”

Serra do Larouco. Turismo. Eólicos (1)Castro da Boullosa. | FOTO: D. Simón

A PAISAXE POR RIBA DO PATRIMONIO

O estudo indica que na percepción da veciñanza do Larouco o conxunto de valores asociados á paisaxe ten máis relevancia que os asociados ao patrimonio cultural. Así, explican as autoras, “la definición de los valores y el potencial percibidos por los actores clave mantiene un alto grado de acuerdo, enfatizando “lo propio” (la actividad agraria) aunque articulan como descriptores centrales positivos la belleza, la tranquilidad, el descanso y la salud en un medio donde la naturaleza y el paisaje son recursos de primer orden; y donde al conjunto de los bienes culturales les otorgan un valor subsidiario”.

O artigo remata subliñando a confianza das veciñas e veciños nas posibilidades de desenvolvemento turístico da parte galega. As autoras recalcan que os actores clave ven posibilidades “elevadas”. “Resulta evidente que los actores clave poseen la idea de que hay muchos recursos turísticos sin utilizar, en estado latente”

Serra do Larouco. Turismo. Eólicos (1)Sendeirismo na Serra do Larouco. | FONTE: Un par de botas.

A tipoloxía deses recursos latentes fai parte das alegacións que estas semanas veñen presentando as plataformas anti-eólicos e os practicantes do parapente, avalados polos seus órganos federativos, na súa batalla contra a LAT de Iberdrola no Larouco: recursos como o sendeirismo, o parapente, a gastronomía, bens de interese cultural (como o Castro da Boullosa ou os vestixios de minaría romana descubertos o ano pasado na mesma área)… 

Onte, os gobernos municipais de Baltar e Xinzo de Limia anunciaron que acompañarán o movemento social e veciñal de oposición ao proxecto de Iberdrola e alegarán contra a LAT do Larouco. 

NOTICIAS A LIMIA | Un estudo do 2017 recalca a confianza dos veciños no potencial...