Venres. 29.03.2024

José Javier Álvarez Castillejo, presidente da Real Federación Aeronáutica Española (RFAE) e António José Pires Fernandes, presidente da Federação Portuguesa de Vôo Livre (FPVL) asinan un escrito de alegacións contra o proxecto de Liña de Alta Tensión do Larouco xunto a Víctor Manuel Maiztegui León, presidente da Federación Aeronáutica Gallega (FAG) e Alfredo Ponce Cinos, presidente da Asociación de Vuelo Libre Española (AVLE).

Iberdrola pretende conectar o futuro polígono de San Martiño, en Baltar, coa subestación do Larouco, en Xinzo, a través dun tendido aéreo de 11 quilómetros, con máis de corenta postes de máis de corenta metros de altura. 

No proxecto presentado, advirten desde as federacións, “no se ha realizado ningún análisis o estudio sobre las afectaciones de los trazados propuestos sobre los usos recreativos”.

O proxecto saíu a exposición pública a finais de novembro e o prazo de alegacións remata o próximo xoves, 13 de xaneiro. Colectivos como Stop Eólicos Xurés Celanova, que xa rexistrou 43 alegacións ao plan do polígono eólico San Martiño, e os clubs de parapente de Baltar e Montalegre (Portugal) levan semanas mobilizándose para sumar alegacións

Parapente Baltar Xinzo. Voo sobre zona afectada por proxecto de LAT. Alegacións parapente (3) (FILEminimizer)Voo en parapente sobre a zona de despegue. | FOTOS: Escrito de alegacións das federacións.

O escrito que rexistrarán estes días a RFAE, a FPVL, a FAG e AVLE pretende informar “que los trazados de la línea de evacuación eléctrica de alta tensión propuestas por Iberdrola Renovables Galicia S.A., que discurrirían a lo largo de la ladera de la Sierra del Larouco, zona reconocida para la práctica del vuelo libre, crearía un obstáculo artificial entre el área de despegue y aterrizaje, hecho que afectaría a la práctica del vuelo libre”.

Os responsábeis federativos piden á Consellería de Economía, Empresa e Innovación que informe negativamente do proxecto, e engaden outras afeccións alén das turísticas e deportivas.

Parapente Baltar Xinzo. Voo sobre zona afectada por proxecto de LAT. Alegacións parapente (5) (FILEminimizer)Voo en parapente sobre a ladeira norte da serra. 

AFECCIÓNS Á PAISAXE E Á FAUNA 

O escrito de alegacións alerta sobre a “desnaturalización absoluta” da paisaxe, e lembra que as áreas afectadas gozan dun alto interese paisaxístico, con miradoiros desde os que se pode contemplar A Limia, o Rodicio, o Invernadoiro, Manzaneda e San Mamede. E sinala que estes puntos de observación non se tiveron en conta nin aparecen na memoria do Estudo de Impacto Ambiental.

“Por ello”, conclúen, “la construcción de una línea de alta tensión a lo largo de la Sierra del Larouco, ocasiona un elevado impacto sobre la calidad Paisajística, que no se ha tenido en cuenta en dicha memoria, generando un grado de feísmo paisajístico muy alto”.

Tamén fan referencia aos impactos sobre a avifauna. Indican que na area de afección da infraestrutura está rexistrada a presenza de especies como o milano negro e o aguilucho cincento, esta catalogada como vulnerábel. 

Mapa área de voo, e despegues e aterraxes orientación Norte. Alegacións do parapente (1) Eólicos. Larouco (FILEminimizer)Mapa de zonas de despegue e aterraxe. A liña vermella foi a alternativa elixida pola promotora. 

Din os presidentes federativos que lles sorprende que as tres alternativas do trazado propostas [ver imaxe de arriba] superan o risco medio-alto de colisión e electrocución “y a mayor abundamiento estando todos los trazados incluidos dentro de las zonas prioritarias de protección establecidas en el Anexo I de la Resolución de 18 de septiembre de 2018”.

CARENCIAS DO ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL 

Finalmente, o escrito de alegacións sostén que “el problema principal son las carencias en el estudio y proyecto, debido a que se intenta construir esta infraestructura por un área incompatible para su acogida, donde la magnitud de los impactos y los efectos acumulativos la hacen inasumibles”; polo que piden á promotora “que realice un estudio sobre alternativas viables”.

O trazado proxectado atravesa as parroquias de  Vilamaior da Boullosa, Baltar e Niñodaguía no Concello de Baltar, e Gudín, en Xinzo de Limia.

NOTICIAS A LIMIA | As federacións de parapente de España e Portugal únense contra o...