viernes. 19.04.2024

A limpeza simultánea de ríos alcanza a súa décimo quinta edición este domingo, 25 de setembro. A xornada nas que voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos ecosistemas fluviais, organizada polo Proxecto Ríos (Adega), desenvolverase este ano en 40 concello de todo o país, entre eles, Xunqueira de Ambía e Xinzo de Limia.

O Proxecto Ríos comezou a celebrara o día de limpeza simultánea en 2007, coa pretensión de “concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos de lixo os nosos cursos fluviais como premisa para garantir a súa saúde”.

En Xinzo de Limia os grupos de voluntarios actuarán sobre o tramo urbano do Limia. O punto de encontro é a Alameda do Toural, xunto ao arco dos romanos, ás 10:30 horas. Os interesados poden inscribirse previamente nesta ligazón.

En Xunqueira de Ambía limparán nun tramo do Arnoia próximo á localidade. O punto de encontro é a zona de baños, xunto aos pasos, ás 10:30 horas. Neste caso hai un evento creado no Facebook de Iniciativa por Xunqueira (aquí). 

Calquera pode participar nos grupo organizados en calquera dos concellos. Na web do Proxecto Ríos está a lista de contactos das coordinadoras en cada lugar (aquí). Hai grupos organizados tamén en Allariz, A Merca, Ourense e Verín.

AXENDA | Limpeza simultánea no Arnoia e no Limia este domingo co Proxecto Ríos