Mércores. 22.03.2023
Os nacionalistas preguntan á Xunta se tomou medidas para evitar a declaración da Limia como zona vulnerábel

NOTICIAS A LIMIA | O BNG reclamará na Deputación que se presente xa o Plan Estratéxico da Limia

Bernardo Varela, deputado provincial do BNG, no salón de plenos da Deputación. FOTO BNG (FILEminimizer)
Bernardo Varela, deputado provincial do BNG, no salón de plenos da Deputación. | FOTO: BNG.

"Bernardo Varela afirma que agricultores e gandeiros son as vítimas, xunto aos reto da veciñanza, da inacción das consellerías e administracións competentes, que deixan de lado á maior zona de produción agrogandeira do país”, di o BNG nun comunicado de prensa no que anuncia unha iniciativa que levará o seu deputado provincial ao pleno da Deputación este venres na que se pide que “a Consellería de Medio Rural faga público con carácter inmediato o Plan estratéxico do sector Agrario da Limia xa rematado en novembro de 2021”. 


Varela, sinala a nota, opina que “a solución inicial pasa pola adopción de medidas multidisciplinares xurdidas da Mesa da Limia e recollidas no Plan Estratéxico, e reclama “a adopción de medidas urxentes ante o problema de contaminación nas comarcas da Limia e a Baixa Limia e para evitar a ameaza de declaración das mesmas como zona vulnerable”.


A declaración, que corresponde á Xunta de Galiza, ten un prazo de 3 anos para se emitir, e o tempo empezou a contar o pasado mes de maio cando o Ministerio de Transición Ecológica publicou o mapa actualizado de augas afectadas por contaminación no conxunto do Estado. 

O BNG insiste en que o Plan estratéxico debe facerse público xa e “comezar a executar as súas determinacións neste mesmo ano 2022”. Ademais, os nacionalistas esixen que “se faga público en que estado se atopa o expediente” de declaración da Limia como zona vulnerábel e que medidas ten tomado a Xunta até este instante “para evitar esta declaración”. 

E tamén reclama da Confederación Hidrográfica Miño-Sil que, como organismo da Conca do río Limia, emprenda as accións conducentes “a minimizar a contaminación das augas e a mellora e optimización dos sistemas de regadío”.

NOTICIAS A LIMIA | O BNG reclamará na Deputación que se presente xa o Plan Estratéxico...
comentarios