jueves. 25.04.2024

Veciñas e veciños de Sendim, aldea arraiana do lado portugués situada a menos de cincocentos metros da fronteira, comezaron esta semana a recoller sinaturas na localidade e nas aldeas próximas para pedir á Câmara de Montalegre (o concello ao que pertencen) que informe á poboación dos proxectos eólicos que se están a tramitar nos montes da Boullosa e no Val do Limia e que afectan tamén á parte portuguesa.

As veciñas están a difundir un escrito no que protestan contra os plans eólicos de instalación dos parques de San Martiño, Tramontana e Mistral. Entre os tres, 19 aeroxeradores de máis de 150 metros de altura e unhas enormes áreas poligonais que causarán impactos sobre as augas, a paisaxe e a saúde dos habitantes das aldeas máis próximas. 

Sendim desde o Larouco portugués. Ao fondo, Penagache, na serra do LaboreiroSendim desde o Larouco portugués. Ao fondo, Penagache, na serra do Laboreiro.

Segundo advirten, o proxecto de Iberdrola para San Martiño, catro aeroxeradores e unha subestación moi preto de Sendim, tería afeccións graves aos nacentes dos regatos de onde toman a auga para consumo humano, e impactos directos na saúde como consecuencia dos sons e dos infrasóns. Tamén, indican, sobre o Castelo, restos dunha antiga fortaleza medieval enclavada sobre o que hoxe é a mesma raia e que conta con protección patrimonial galega, mais está en parte do lado portugués.

As veciñas están a difundir un escrito no que protestan contra os plans eólicos de instalación dos parques de San Martiño, Tramontana e Mistral.

Nin a Cámara de Montalegre nin ningunha outra Administración portuguesa se ten pronunciado nin informado aos cidadáns das consecuencias que traerían estas centrais eólicas de levarse a cabo. En Sendim, as veciñas empezaron a buscar información pola súa conta e deron coa plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova, que na súa web ofrece un apartado específico sobre o proxecto de San Martiño, contra o que rexistrou 43 alegacións a principios de decembro en Baltar.

Escrito de protesta co que están a recoller sinaturas en MontalegreEscrito de protesta para o que as veciñas están recollendo sinaturas en Montalegre. 

Con esa información, a finais de setembro pasado, reclamaron á Câmara Municipal de Montalegre que actuara. O alcalde solicitou unha reunión co alcalde de Baltar. E nesa xuntanza, que se produciu o 21 de setembro, estiveron presentes representantes das comunidades de monte da parte lusa. A reunión non chegou á opinión pública galega, pero si á portuguesa, dado que o concello de Montalegre deu noticia na súa web.

Coñecen as xestións de Stop Eólicos Xurés Celanova. diante do Defensor del Pueblo español, e non descartan emprender unha acción semellante diante da Provedora de Justiça de Portugal, Maria Lúcia Amaral.

Mais aquela foi a única ocasión na que as autoridades portuguesas fixeron un intento de intervir. Nos seguintes dous meses non houbo máis. Até que os propios comuneiros, a principios de ano, volveron interpelar a Orlando Alves (PS) reelixido presidente da Câmara nas autárquicas de Portugal apenas uns días despois daquela reunión co goberno municipal de Baltar.

Sendim baixo o Pico do CasteloO Pico do Castelo, lugar con vestixios medievais, sobre a aldea de Sendim.

As veciñas mobilizadas contra os eólicos en Sendim son conscientes da polémica que se vive estes días en Ourense a conta das afeccións da LAT do Larouco sobre a práctica do parapente e as poboacións máis próximas ao tendido, e aproveitaron para volver contactar coa plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova. Coñecen as xestións que esta plataforma fixo diante do Defensor del Pueblo español, e non descartan emprender unha acción semellante diante da Provedora de Justiça de Portugal, Maria Lúcia Amaral.

NOTICIAS A LIMIA | Veciñanza de Montalegre únese á loita contra os eólicos na Limia