Tras a polémica xerada no pleno do Concello de Os Blancos o pasado 23 de agosto do 2021, O alcalde de Os Blancos, Jose Manuel Castro Blanco, emitiu hoxe un comunicado no que explica e aclara toda a disputa derivada do conflicto.
O político comeza pedindo desculpas ante a poboación polo sucedido nese día e defende como toda a situación se orixinou a partir de mentiras e propaganda barata da oposición. "En primeiro lugar quero dirixirme aos veciños de Os Blancos, por ver empañado o nome do noso concello sen outro motivo que o interese político do PSOE e do interese particular dunha asociación".
Destaca como intentan mergullar ao municipio en problemas banais e cotiáns, xa que na actualidade Os Blancos non conta cunha problemática tan polémica coma anos atrás na que a débeda superada os cinco millóns de euros. Un pagamento que foi saldado grazas ao esforzo de todos os veciños e da xestión municipal. Defende así como "o interese común de todos os veciños debe estar por encima dos intereses do PSOE ou de algunha aposta individual interesada".
O concello cedera fai sete anos o local ao Espacio Matrioska, no cal tamén axudaran os veciños co desenvolvemento do proxecto cultural. Na actualidade, o novo uso do local municipal enmarcouse nun proxecto de investimento cun custo de dous millóns de euros no que se plantexa a construción de vivendas sociais. O alcalde amosa a súa sorpresa ante o descontento producido e defende que as novas obras se facían co obxectivo de mellorar o benestar da veciñanza.
Considera moitos dos ataques e críticas recibidas coma unha manifestación de "desprezo cara o concello, personalizándose o ataque na miña persoa, como representante do concello, tratándome de inculto por non compartir que os intereses particulares estean por enriba dos intereses da veciñanza".
Tamén respondeu directamente ao PsdeG - PSOE, recordándolles como a democracia nos Blancos é anterior á chegada deles ao concello, e aludiu ao portavoz da oposición en Ourense, Rafael Villarino, e ao secretario xeral do PSOE en Galicia, Gonzalo Caballero, amosando como as palabras usadas contra a súa persoa -antidemocrático e caciquil- non lle ofenden nin lle sorprenden. "Non me sorprenden porque vostedes solo cren na democracia que a vostedes lles gusta impor e non me ofenden porque non teñen capacidade para facelo".
O alcalde continúa cunha mensaxe final para a oposición na que defende como ésta busca o propio interés persoal e non o da veciñanza. "Vostedes falan de democracia cuando nin falan cos veciños de Os Blancos, vostedes falan de antidemocráticos cando o único que pretenden é salir nos medios a conta da súa xenerosidade. Non coñecen a democracia porque se pasan o día pensando en que cargos ocupa cada un, dado que cada vez son menos cargos e máis os que non teñen ocupación conocida para ocupalos. "
O político despídese voltando a desculparse pola situación vivida no pleno e resalta a seu plan de seguir loitando polo Concello de Os Blancos e de ter aos veciños por enriba de todo.