viernes. 13.12.2024

O BNG dos Blancos súmase á crítica do PSdeG-PSOE da localidade pola inclusión na lista do PP dunha persoa condenada por maltrato doméstico. Os nacionalistas din estar "cansos" de que se manche o nome do concello e consideran a inclusión deste político nas listas electorais é unha "mostra máis do pouco respecto que teñen polos veciños e veciñas".

A formación nacionalista, que recupera candidatura neste concello para as eleccións municipais do 28 de maio, resalta que o cruce de declaracións entre PP e PSOE ao longo deste último mandato a canta desta sentenza "só nos trae titulares de prensa que nos perxudican como pobo". "Plenos de persianas baixadas, insultos, descalificacións, ameazas... Todo isto fai que non nos libremos do estigma de concello-parodia", engaden.

 

Daniel Pena, candidato do BNG nos Blancos, asegura que "outra forma de facer política é posible", a través da exposición de ideas e proxectos para a localidade. Por iso, os nacionalistas apostan pola "política en positivo" e cren nos acordos, mentres que "tanto PP como PSOE van preferir a confrontación, o ruído e a polémica".

NOTICIAS A LIMIA | O BNG dos Blancos acusa ao PP de amosar "pouco respecto" pola veciñanza