sábado. 20.04.2024

Os ocupantes de dous vehículos que chocaron esta mañá, ao redor das 10, na estrada que une Covelas e Nocedo, no termo municipal dos Blancos, foron trasladados a urxencias con prognóstico leve segundo os servizos de emerxencia que acudiron ao lugar do accidente.

O choque foi lateral, aínda que os vehículos -un Dacia e un Peugeot 205- circulaban en direccións opostas. Ao parecer un dos vehículos invadiu lixeiramente o carril contrario no momento en que se cruzaban os coches.

A muller que conducía un dos vehículos foi trasladada en ambulancia a Urxencias de Xinzo de Limia, e o home que conducía o outro turismo tamén foi levado ao mesmo centro, mais viaxou no coche dun dos seu fillos que acudíu ao lugar do sinistro.

NOTICIAS A LIMIA | Colisión en Os Blancos con dous feridos que foron trasladados a Xinzo