miércoles. 29.05.2024

A actividade do CDR O Viso é posible grazas non só as persoas que traballan nel, tamén son necesarios todos e cada un dos voluntarios que deciden doar o seu tempo. Este é o caso de Mateos, o novo voluntario do centro que colaborará na xestión de alimentos procedentes de doazóns.

Esta colaboración tamén permitirá que dende O Viso poidan reforzar as súas capacidades e o sentimento de utilidade a través do voluntariado, mentres axuda nunha boa acción. O seu labor permitirá que as persoas que máis o necesitan reciban alimentos nos seus domicilios. Mateos non é o único, pero únese a esta cadea de apoio social para os que viven con maiores dificultades.

Esta actuación enmárcase no proxecto "Biocoidados: novos modelos de coidado prestados pola comunidade, centrados na persoa, nas contornas rurais", que está vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaría de Estado do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU.

NOTICIAS A LIMIA | O CDR O Viso incorpora a un novo voluntario, Mateos