sábado. 13.06.2026

O director xeral de Comercio e ConsumoGabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de GaliciaElena Fabeiro, participaron este venres na inauguración do Paseo da La 2026, que se celebra ata o domingo 14 de xuño na aldea de Couso, no concello de Sarreaus, e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

O evento ten como obxectivo dar a coñecer os oficios vinculados á produción artesanal da la con denominación de orixe, e reúne pequenos produtores e profesionais dedicados ao procesado, ao fiado artesanal, ao tinguido e ao tecido destas fibras. Durante o acto, Gabriel Alén salientou a importancia das fibras naturais autóctonas —como a la da raza Ovella galega— e definiu o Paseo da La como un escaparate vivo para a posta en valor destas fibras, da artesanía consciente e do desenvolvemento rural.

O Paseo da La reúne en Couso produtores e profesionais da artesanía téxtil ata o domingo.
O Paseo da La reúne en Couso produtores e profesionais da artesanía téxtil ata o domingo.

A programación arrancou este venres cun desfile de moda con pezas elaboradas con la, entre as que destacan as do taller artesanal Logaro, un dos impulsores do evento, e coa apertura da feira artesanal de marcas de la con denominación de orixe.

O programa de faladoiros comeza o sábado ás 10:00 horas con O secreto da ovella, no que Bea Seco, do taller artesanal Si me da la lana, falará sobre as propiedades da lanolina e a súa importancia en ámbitos como a cosmética. Ás 12:30 horas terá lugar o faladoiro Harris Tweed: oportunidades e problemáticas, a cargo da historiadora da arte Llara Fuente, que achegará unha visión académica sobre como a artesanía e o deseño poden revitalizar zonas rurais remotas tomando como exemplo o tecido escocés.

Pola tarde, ás 16:00 horasMaría Garaboa, da Universidade da Coruña, impartirá Historia da la: un percorrido pola tradición e a evolución do sector, no que analizará como este material definiu territorios e economías. Ás 17:30 horas será a quenda de Delfín Feal, veterinario, gandeiro de Granja Feal e membro da Asociación de Criadores da Raza Ovella Galega (Asovega), coa charla Ovella galega: o fío que (debería) soster o noso rural. O sábado conmemórase ademais o Día de tecer en público, cun encontro de tecedeiros e tecedeiras aberto a todas as persoas afeccionadas e a apertura da exposición técnica no pavillón da aldea.

O sábado tamén se desenvolverán obradoiros gratuítos abertos a todos os públicos: en horario de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horasPeixesapop introducirá os visitantes nos teares de madeira circulares e rectangulares, convidando a nenos e adultos a "pintar con la"; e de 16:30 a 20:00 horas celebrarase o obradoiro Educar educarei, impartido por Alba Eirey, unha proposta que vincula educación, natureza e patrimonio téxtil.

O evento pecharase o domingo 14 pola mañá cunha charla da Asociación IAIA, referente nacional no uso da la como ferramenta de transformación social, que presentará a partir das 10:00 horas o seu proxecto de Lanoterapia, unha iniciativa que explora os beneficios psicolóxicos e emocionais de tecer.

entrada é gratuíta. Os horarios do Paseo da La son: venres ata as 21:30 horas; sábado de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:30 horas; e domingo de 10:00 a 14:00 horas.

O Paseo da La reúne, na aldea de Couso, produtores e artesáns para poñer en valor a la...