lunes. 24.06.2024

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou esta semana as instalacións do grupo Coren en Ourense, onde destacou a súa relevancia no eido cooperativo tanto dentro como fóra de Galicia. Así, acudiu a escoitar as súas demandas e suxestións, nun momento no que se está a traballar na nova Lei de cooperativas, co obxectivo de axilizar a creación de entidades e de adaptalas aos novos tempos.

Como primeira cooperativa agroalimentaria de España e unha empresa referente da provincia de Ourense, Coren é ademais a oitava cooperativa cárnica europea en importancia. Así, aglutina preto de 4.300 socios integrados e asociados e a máis de 3.000 persoas empregadas, con máis de 1.000 millóns de facturación anual.

Coren transmite as súas demandas e suxerencias á Xunta pola nova Lei de cooperativas
Entrando en la página solicitada Saltar publicidad