martes. 23.04.2024

Despois de 13 días, o número de casos activos de covid deixou de aumentar en Xinzo de Limia. A cifra deste mércores é de 136, un menos que onte, cando se estableceu o máximo desde o último mes. Baixaron os casos en Xinzo, Baltar e Sandiás, e non houbo variación en Trasmiras.


No resto dos concellos, as maiores subidas se rexistraron en Rairiz (que anota 4 máis que onte) e Sarreaus (con 3 máis). Tamén se incrementaron os casos activos en Porqueira, que alcanza os 12 este mércores, os mesmos que ten Sandiás. Ambos son os dous concellos con maior incidencia despois de Xinzo.


Así están os rexistros
BALTAR  (variación -1) 2 (activos)
OS BLANCOS  (=) 2
CALVOS DE RANDÍN (+2) 5
PORQUEIRA  (+2) 12
RAIRIZ DE VEIGA (+4) 8
SANDIÁS (-1) 12
SARREAUS (+3) 8
TRASMIRAS  (=) 9
VILAR DE BARRIO (+1) 4
VILAR DE SANTOS  (=) 8
XINZO DE LIMIA  (-1) 136


O SERGAS, que non publica datos da evolución diaria do número de casos activos, continúa ofrecendo a incidencia acumulada a 7 e a 14 días. Así, segundo os rexistros de onte, en Xinzo de Limia os casos detectados nos sete días anteriores foi de 91; mentres nos 14 días anteriores foi de 174. 


É dicir, os contaxios dos últimos sete días supoñen o 52% da cifra das dúas últimas semanas, co que a distribución entre semana se equilibra. Até a semana pasada, a porcentaxe era moito máis elevada nos días máis próximos. Agora o ritmo de novos casos parece desacelerarse.

CORONAVIRUS A LIMIA | Baixan os casos (un) en Xinzo por vez primeira en 13 días