Venres. 29.03.2024

A Limia pechou a semana do Nadal con 80 casos activos de covid anotados o xoves 23 de decembro e 77 casos, o venres día 24. Máis de dous meses despois tardou a curva en recuperar aqueles niveis. Despois do festivo de onte, as estatísticas deste mércores 2 de marzo indican que hai activos 73 casos de covid.


A baixada foi notábel nos últimos dous días, especialmente en Sandiás (6 casos menos) e Xinzo (12 menos). Pola contra, os números subiron en Porqueira (1 caso máis) e Trasmiras (3 máis). De todos os xeitos, o descenso global a respecto do luns foi do 20%.


Ademais, este mércores o concello dos Blancos quedou a cero. É o terceiro concello que consegue chegar esa cifra, aínda que Baltar e Calvos manteñen agora mesmo un caso activo cada un. Nos Blancos, que alcanzou máximos o 11 de xaneiro (18 casos aqueles días), non estaban a cero desde a segunda semana de decembro pasado.


Así están os rexistros
BALTAR  (variación =) 1 (activos)
OS BLANCOS  (-1) 0
CALVOS DE RANDÍN (=) 1
PORQUEIRA  (+1) 3
RAIRIZ DE VEIGA (-1) 7
SANDIÁS (-6) 3
SARREAUS (-1) 1
TRASMIRAS  (+3) 4
VILAR DE BARRIO (-1) 1
VILAR DE SANTOS  (-1) 1
XINZO DE LIMIA  (-12) 51


En Xinzo, onde tiveron lugar desde finais de xaneiro as maiores aglomeracións de xente a conta do Entroido, a estatística de incidencia acumulada segue baixando. O número de novos casos detectados nos últimos sete días baixou desde os 34 do domingo até os 26 a data de onte, segundo informa o SERGAS.


En Galicia, o número de casos activos este 2 de marzo é de 16.109, deles 1.876 están rexistrados na área sanitaria de Ourense

CORONAVIRUS A LIMIA | A comarca volve aos niveis da semana do Nadal