sábado. 20.04.2024

Xinzo de Limia anotou hoxe 42 contaxios. Son 39 menos que o venres pasado. Unha redución do 48%, a maior que se rexistrou no que vai de ano. A cifra de 42 casos activos nun día é, ademais, a máis baixa desta sexta onda nos tres meses que levamos de 2022.

Ao bo dato de Xinzo, engádense este martes baixadas significativas en Sarreaus, Os Blancos, Rairiz, Sandiás e Vilar de Santos. Tamén en Trasmiras, onde desde hai catro días o número de casos activos baixou a 22, dez menos que o venres, despois dunha semana, a pasada, en constante aumento.

Así están os rexistros:
BALTAR  (variación -1) 1 (activos)
OS BLANCOS  (-4) 4
CALVOS DE RANDÍN (-2) 8
PORQUEIRA  (+4) 14
RAIRIZ DE VEIGA (-3) 8
SANDIÁS (-3) 13
SARREAUS (-11) 3
TRASMIRAS  (-10) 22
VILAR DE BARRIO (+3) 7
VILAR DE SANTOS (-3) 3
XINZO DE LIMIA  (-39) 42

Xinzo de Limia rexistra a mellor cifra desde mediados do mes de decembro, e a tendencia á baixa manterase nos próximos días segundo reflicten as estatísticas de incidencia acumulada. Con datos de onte, o número de novos casos detectados no termo municipal nos últimos sete días é de 17; e nos últimos catorce días, de 80. A propagación vaise freando. 

Na comarca da Limia hai hoxe 125 casos. Mais Xinzo segue representando apenas un terzo do total. Na capitalidade, as cifras diminúen a un ritmo máis rápido que no resto da comarca. 

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo anota este martes a cifra máis baixa de contaxios en 2022