lunes. 11.05.2026

Nun significativo encontro celebrado en Ourense, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo unha reunión con representantes da Confederación de Federacións e Asociacións de Familias e Mulleres do Medio Rural (Afammer). Na cita estiveron presentes Carmen Quintanilla, presidenta nacional da entidade, e Lola Rico e María Fernández, representantes de Afammer en Ourense.

 

A conselleira Gómez reivindicou o papel protagonista do colectivo feminino no sector agrario galego. Así mesmo, puxo en valor o labor que se está levando a cabo dende a Xunta de Galicia para avanzar na igualdade de oportunidades das mulleres no rural, e abordou os proxectos que a asociación ten previsto desenvolver na comunidade para seguir impulsando o seu desenvolvemento.

 

Afammer, fundada en 1982, consolidouse como unha organización pioneira en España co claro obxectivo de visibilizar as mulleres rurais e asegurar que a súa voz sexa escoitada en todos os foros nacionais e internacionais, na procura da igualdade real. Hoxe, con máis de 180.000 socias en todo o territorio, Afammer é un referente indiscutible do movemento asociativo que integra as mulleres rurais, recoñecidas como o principal motor de desenvolvemento do noso rural

A IMAXE DE... | A conselleira do Medio Rural reivindicando o liderado feminino no agro...