Xoves. 28.03.2024

A orde de saída será a seguinte: Rayden, Tanxugueiras, Varry Brava, Chanel, Rigoberta Bandini, Xeinn, Gonzalo Hermida y Blanca Paloma. A final comeza ás 22:05 deste sábado (RTVE). Media Galicia estará pendente de Aida Tarrío, Sabela e Olaia Maneiro, Tanxugueiras. No escenario, con elas, dous bailaríns Fran e Artur. Un deles, Artur Puga, con moita relación con Xinzo. Unha pequena achega limiá este reto de conquistar a candidatura a Eurovisión.

Artur Puga (Vigo, 1997) é o quinto elemento da aposta galega se atendemos a que fai parte da compañía de danza de Fran Sieira. O bailarín, residente en Vigo, púxose en contacto co Diario do Limia a primeira hora da tarde para explicar a súa relación con Xinzo: "Non son nacido en Xinzo, ese dato é un erro. Pero si que me considero coma un fillo adoptivo de Xinzo. Desde hai catro anos que me chamaron do Casino para dar uns cursos teño moita relación, alumnos e mesmo amigos que me convidan ao Entroido. Tamén traballei en Obradoiros para o Concello de Xinzo".

Fran e Artur comparten a mesma formación en danza tradicional galega. Fran fundou a compañía que leva o seu nome no 2017. Son colaboradores habituais das Tanxugueiras, e no show locen faldras deseño doutro ourensán: Jorge de Álvarez, distinguido entre outros cun premio no certame de novos deseñadores na Mostra do Encaixe de Camariñas en 2018.

En Xinzo dá aulas no Casino. É director de grupos de baile galego en Celanova, Ourense e Xinzo de Limia.

Terra é o título da canción coa que compiten as Tanxugueiras, unha das favoritas do público e que están a espertar gran expectación no país. Con elas, Artur Puga, un bailarín experto. En Xinzo dá aulas no Casino, un clásico. É director de grupos de baile galego, como A Buxaina de Coruxo, Solpor de Celanova, Algazara de Celeiros e Ecos e Agarimos de Peitieiros. Tamén dá aulas en Ourense e Verín, e é músico, percusionista no grupo folk Xisco Feijoó Trío e no cuarteto tradicional Prima de Buxo, moi recoñecido.

9f2b3510-2ea8-4e42-9ac3-370206487fe3Sesión de maquillaxe este sábado, horas antes da final, con Artur en primeiro termo. | FOTO: Tanxugueiras.

Artur Puga ten moitos alumnos en Xinzo e na contorna, onde é profesor de iniciación e perfeccionamento de baile tradicional. Mesmo impartiu aulas para «De Berlín Son», en Alemaña. O que se di no argot, un artista con táboas, o quinto elemento dun soño de país que esta noite se vivirá de xeito moi especial en Xinzo, entre amigos, alumnos e profesionais da danza.

Artur Puga, nunha imaxe promocional do elenco da compañía Fran Sieira, compañía de danzaArtur, nunha imaxe promocional do elenco da compañía de Fran Sieira.

NOTICIAS A LIMIA | Artur Puga, "o quinto elemento" no show das Tanxugueiras que aspira...