viernes. 26.04.2024

Un dos obxectivos das iniciativas sociais na comarca da Limia por parte do CDR O Viso (Centro de Desenvolvemento Rural) é emprender actuacións que lles permitan ás persoas sen medios e/ou sen coñecementos non perder o tren da sociedade da información.

En tempos de pandemia o camiño cara a dixitalización tomou unha velocidade que non comprende, en moitas ocasións, de situacións de carencia ou dificultades de acceso ás TIC's, sobre todo no rural. Citas por internet, trámites administrativos -ata inclusive realizar a declaración da Renda entre outras- son só exemplos de como a sociedade virtual está cada día máis presente nas nosas vidas e na nosa comarca.

Para apoiar, orientar e axudar á inclusión, o CDR O Viso continúa emprendendo accións de préstamos de material informático en casos significativos. 

Material financiado, entre outras vías, pola casa do 0,7 na declaración da Renda. Tamén pola aprobación do proxecto presentado á #FundaciónEDP, que supuxo para CDR O O Viso unha alianza máis neste empeño compartido de dar respostas axeitadas ás necesidades específicas do medio rural; xa que posibilita que “pensando nas persoas” (e sobre todo nas máis maiores) se reforcen os servizos de proximidade. Coidar uns doutros forma parte da identidade deste centro; debido a que ese coidado delata a fraxilidade e a humanidade das persoas. 

E o coidado dos demais consiste tamén en avanzar, en medrar. Coa continua incorporación das TICs, que fixo posible a #FundaciónEDP, lembramos que a OMS establece como meta prioritaria para este século XXI o seu uso para mellorar a calidade de vida.

NOTICIAS A LIMIA | O CDR O Viso loita contra a fenda dixital na comarca