jueves. 20.06.2024

Ás 14:00 horas do mediodía de onte falecía no hospital de Álvaro Cunqueiro de Vigo unha rapaza de 24 anos natural de Carzoá, Cualedro. A víctima é, ata o de agora, a muller máis xoven vítima da Covid - 19 en Galicia.

Ao parecer, a moza estivera ingresada no complexo hospitalario vigués dende o pasado 15 de agosto debido ás fortes secuelas que presentaba derivados do contaxio por coronavirus -xa facía semanas que dera negativo no virus-. Inicialmente tratárase no CHUO de Ourense pero por mor do empeoramento do seu estado acabou sendo trasladada ao hospital onde faceleu, lugar no que dispoñían do material de asistencia necesario para actuacións críticas.

Aos síntomas que presentaba por mor da Covid -19 uníaselle unha serie de problemas renais que xa viña presentando con anterioridade ao contaxio.

A Funeraria da Limia de Xinzo de Limia estase encargado da xestión do seu enterro, o cal se levará a cabo hoxe ás 17:30 horas na Igrexa Parroquial de Carzoá.

NOTICIAS A LIMIA | Falece unha rapaza de 24 anos de Cualedro por mor da Covid - 19
Entrando en la página solicitada Saltar publicidad