viernes. 26.04.2024

O Diario do Limia ofrece ás lectoras e lectores unha nova xanela á información diaria da comarca: a lista de difusión a través de Whatsapp que empezamos a crear contigo desde hoxe. Esta ferramenta permitirache recibir no teu móbil, diariamente, as publicacións do Diario do Limia e acceder ás informacións de forma sinxela e poder compartilas nas túas redes sociais.

PARA TE ANOTAR só é preciso que envíes unha mensaxe co teu nome e o nome e apelidos e o nome do teu concello, ao número 622 22 68 64 (Diario do Limia).

O servizo lista de difusión de Whatsapp tense convertido nunha canle de comunicación principal para miles de xornais e revistas en todo o mundo. Permite enviar unha mensaxe a centos de persoas xestionando de forma privada. É dicir: é unha comunicación directa entre o usuario e o Diario do Limia. A privacidade da conversa é a diferencia cos grupos de Whatsapp nos que a charla é común a todos.

O servizo activarase nas próximas semanas e as usuarias e usuarios recibirán unha mensaxe coas informacións do Diario: noticias, entrevistas, vídeos e outras recomendacións de lectura. Neste 2022 a media semanal (de luns a domingo) de publicacións do Diario do Limia é de 25 contidos. 

LEMBRA!: nome+apelidos+concello e envía mensaxe ao número 622 22 68 64 (Diario do Limia).

📲 NOTICIAS A LIMIA | Recibe as novidades do Diario do Limia no teu Whatsapp