viernes. 19.04.2024

O PSdeG de Ourense vén de presentar as súas candidaturas na comarca de Celanova para as vindeiras eleccións municipais do mes de maio. A actual alcaldesa de Ramirás e os candidatos e candidatas de CartelleA Merca e Celanova participaron neste multitudinario encontro, no que estiveron arroupados polo secretario provincial, Rafael Villarino, así como por outros cargos políticos do partido e militantes socialistas que non quixeron perderse a cita.

No acto, celebrado en Celanova, participaron a candidata de Celanova, Teresa Barge Dapía; a candidata e actual alcaldesa de Ramirás, Isabel Gil Álvarez; o candidato en Cartelle, Jesús Pereiras Vázquez; e o candidato na Merca, Carlos Sousa Stolte.  

O obxectivo dos socialistas será a conquista de novas alcaldías na comarca co obxectivo de rematar con anos de “caciquismo, clientelismo e malas prácticas” en varios municipios da bisbarra. Dende o PSOE ourensán destacan que o “poder municipal socialista representa o avance e o progreso que a provincia de Ourense tanto precisa” e afirman que en maio “temos a oportunidade de mudar a realidade da nosa provincia e rematar con décadas de baltarismo rancio e clientelar para darlle a Ourense e a comarca de Celanova a democracia que merece e tanto precisa”.

A actual alcaldesa de Ramirás e candidata socialista á alcaldía do municipio, Isabel Gil Álvarez, aproveitou a súa intervención para subliñar que o camiño nestes últimos 4 anos “non foi fácil” por mor da pandemia, a guerra de Ucraína, o encarecemento da enerxía ou a o goberno municipal en minoría dos socialistas e quixo destacar que se presenta a estas eleccións cun novo reto, que segundo afirmou “é acadar a maioría absoluta para poder levar a cabo as grandes obras que están en marcha”. 

Por o seu lado, Teresa Barge, candidata socialista á alcaldía de Celanova puxo o foco en que “é o momento dun goberno que afronte a realidade actual e de fomentar a credibilidade nos que temos a obriga e o encargo de traballar para o noso pobo”  e destacou que “o cambio non o fai un só partido, faino o respecto, a unión e a colaboración. Ese cambio ten que fortalecerse o día 28 de maio e debe pasar por outorgar a confianza a todas e todos os que vimos a traballar con e para o noso municipio”.

Jesús Pereiras Vázquez, candidato do PSdeG en Cartelle, destacou que nomunicipio “está todo por facer” e fixo fincapé en que se trata dun municipio “con graves carencias e cun goberno municipal máis pendente de acumular cargos e soldiños, que de resolver os problemas da veciñanza”. Tamén puxo o foco en que o obxectivo “é gañar as eleccións e demostrarlle á veciñanza que outra forma de gobernar é posible e que da man do PSOE, Cartelle pode mirar ao futuro”.  

O novo líder dos socialistas da MercaCarlos Sousa, puxo o foco nas oportunidades para mellorar a situación, facendo fincapé como medidas claves “a dixitalización, a agricultura, o emprendemento e a igualdade de oportunidades” e subliñou que “é preciso un cambio e apostar por un equilibrio entre todos os factores que definen o éxito dunha sociedade como son a cidadanía, as empresas, os autónomos, os traballadores e o medio ambiente”. Finalizou afirmando que “cada concelleiro que gaña o PSOE aumenta as posibilidades dun goberno diferente na Deputación e de conseguir o noso obxectivo que é que haxa un reparto xusto dos fondos públicos do ente provincial”.

Por último, o secretario provincial do PSdeG de OurenseRafael Rodríguez Villarino, afirmou que as Terras de Celanova “comezaron o cambio cara o progreso en 2019, cando Isabel acadou a alcaldía de RamirásTere entrou a formar parte do goberno de CelanovaJesús duplicou o número de concelleiros en Cartelle, e David conseguiu máis apoios para a candidatura da Merca. O líder dos socialistas ourensáns aproveitou a súa intervención para destacar que “Isabel logrará a maioría absoluta en Ramirás, Tere aspira a revalidar cun maior número de apoios o avance social en Celanova, Jesús ten a meta do cambio en Cartelle e Carlos Sousa convértese na candidatura da esperanza de novos tempos para A Merca”.

O PSdeG de Ourense presenta as súas candidaturas na comarca de Celanova