lunes. 09.12.2024

A secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato, inauguraba a Xornada sobre Retos e medidas para a abordaxe da obesidade en Galicia organizada pola Sociedade española de Directivos para a Saúde (SEDISA), remarcando que para o Executivo galego é prioritaria a atención as persoas con obesidade, de acordo ao conxunto de enfermidades que derivan desta patoloxía. "A obesidade supón un auténtico reto para os sistemas sanitarios, xa que se asocia a un amplo listado de patoloxías e complicacións", apuntou.

A obesidade é un problema que impacta non só a saúde dos individuos, senón tamén na do noso sistema sanitario

Xunto co xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, e a subdirectora xeral Programas de Fomento de Estilos de Vida Saúdable, Sagrario Pérez, a secretaria xeral remarcou que as tarefas de prevención efectiva e de saúde pública ocupan un lugar destacado na Estratexia Galega de Saúde 2030. Durante o encontro presentáronse os últimos avances do Plan Obesidade Zero de Galicia, unha iniciativa innovadora que ten por obxectivo reducir a prevalencia da obesidade na nosa comunidade apostando pola educación, a tecnoloxía e a participación comunitaria para abordar un dos problemas máis relevantes no eido da saúde pública.

20241113_Sanidade_InauguracionXOrnadaRetosoObesidadeSEDISA4 Natalia Lobato, secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade
Natalia Lobato subliñou o grande reto que supón a obesidade para o sistema sanitario.

Sagrario Pérez destacou a urxencia de tomar medidas concretas fronte á obesidade e explicou que este plan fomenta unha mellora na calidade de vida da poboación galega mediante un enfoque preventivo e a longo prazo: "A obesidade é un problema que impacta non só a saúde dos individuos, senón tamén na do noso sistema sanitario". Neste sentido, a Xunta fixou como meta reducir a taxa de obesidade na comunidade nun 15% nos próximos cinco anos, co obxectivo adicional de diminuír a carga no sistema de saúde ao minorar os custos asociados ás enfermidades derivadas da obesidade, como é o caso da diabetes e dos problemas cardiovasculares.

Obesidade Zero, un plan con tres eixes clave

A folla de ruta elaborada para facer fronte ao sobrepeso e a obesidade en Galicia estrutúrase en tres eixes fundamentais. En primeiro lugar, a potenciación de contornas saudables, a través de campañas de sensibilización en escolas, empresas e comunidades. Así, o plan fomenta a adopción de hábitos de alimentación saudable e a importancia da actividade física. Por outra banda, a Administración sanitaria pon á disposición da cidadanía ferramentas para axudarlle a tomar as decisións máis axeitadas de cara a manter un bo estado de saúde. Ferramentas como o Programa Xanela aberta ás familias, a Escola Galega de Saúde Pública, o Observatorio Galego de Saúde Pública, os Venres saudables, ou o programa Atopa saúde co que a Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) promove a ligazón entre os centros sanitarios e os concellos galegos para visibilizar os recursos e actividade saudables presentes en cada municipio.


Por último, a terceira trabe do Plan Obesidade Zero céntrase na innovación e na investigación para incidir na promoción da saúde. Neste caso, a Dirección Xeral de Saúde Pública aproveita as novas tecnoloxías para achegar mensaxes saudables, a través da Plataforma Sanidade Mediaverso ou das diferentes canles nas redes sociais. Ademais, a Consellería de Sanidade está a empregar ferramentas de análise de datos para identificar factores de risco e proporcionar recomendacións personalizadas. Do mesmo xeito, e cun enfoque a longo prazo, o plan incorporará ferramentas dixitais e de asistencia para que os participantes poidan monitorizar os seus avances e recibir apoio motivacional continuo.

A Xunta prioriza o coidado das persoas con obesidade e sobrepeso para garantir a...