A cita será o sábado no Pavillón Municipal

AXENDA | A Escola de Música de Trasmiras remata o Nadal cun gran concerto

Cartel do concerto de Nadal da Escola de Música de Trasmiras.
A Escola de Música de Trasmiras ofrecerá este sábado un concerto de Nadal, co que se porá fin ás datas festivas no concello. A cita musical será ás 17:30 horas no Pavillón Municipal e actuarán a Banda e a Agrupación de Musica Tradicional da escola.