lunes. 07.10.2024

O programa Coidados Porta a Porta, impulsado no mes de marzo pola Consellería de Política Social, chega este venres a Trasmiras. Unha das súas oito unidades móbiles instalarase ao lado do pavillón de deportes dende o día 16 ata o 21, o último deste servizo antes de rematar o ano.

O autobús de Coidados Porta a Porta ofrecerá ás persoas maiores de 55 anos tres servizos diferentes, completamente de balde e para os que só se precisa unha cita previa. Nestes nove meses, máis de 26.000 galegos recibiron atención na súas unidade móbiles, que percorres todos os concellos, agás as sete grandes cidades.

As citas pódense solicitar para o servizo de Podoloxía, que consistirá nunha consulta básica para valorar o estado xeral do pé, un corte e limpeza de unllas, e a eliminación de durezas e callos. En Audioloxía, o especialista valorará e fará unha exploración funcional da audición e aconsellará sobre a prevención da perda auditiva. Por último, está dispoñible un servizo de Estimulación da memoria na que un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas dende unha perspectiva terapéutica para previr e minorar un deterioro, en caso de habelo.

Para pedir cita só hai que chamar a un destes teléfonos, o 622 748 283 ou o 623 546 992, pero tamén se pode consultar a través do enderezo electrónico [email protected]. Ademais, hoxe e mañá unha unidade móbiles estará en Vilar de Santos, este xoves instalarase outra en Sandiás e a vindeira semana trasladarase a Xinzo.

NOTICIAS A LIMIA | A unidade móbil de Coidados Porta a Porta chega o venres a Trasmiras