viernes. 19.04.2024

A XII Ruta do Cocido de Trasmiras, organizada polo Club BTT Nocelo co apoio do Concello, pechou o prazo de inscricións e reunirá a 211 participantes este domingo. A saída terá lugar ás  9:30 horas ao carón do Pavillón Municipal, onde se poderán recoller os dorsais a partir das oito da mañá e, para entrar en calor, repartirase bica e chocolate.

Esta proba BTT, a primeira do ano na provincia, recupera as súas datas trala pandemia e faino coas prazas esgotadas de participantes que se sumarán ao cocido posterior. Pero antes, tocará percorrer unha das dúas rutas trazadas pola organización e que transcorrerán polos concellos de Trasmiras, Sarreaus e Cualedro. A curta ten un percorrido de 38 quilómetros e un desnivel de 769 metros, mentres que a longa é de 49 quilómetros e un desnivel de 1.000 metros.

Os que asistan disporán de avituallamento, ubicado en varios puntos do percorrido; un obsequio para cada un por parte do club, servizo de ducha e lavado de bicicletas. A chegada dos primeiros participantes está prevista en torno ás 12:00 horas.

NOTICIAS A LIMIA | A Ruta do Cocido de Trasmiras congregará a 211 participantes