Venres. 09.06.2023
O actual alcalde, Emilio Pazos, encabeza a lista

NOTICIAS A LIMIA | O PP de Trasmiras presenta unha candidatura que une "experiencia e xuventude"

Equipo do Partido Popular de Trasmiras, encabezado por Emilio Pazos, que se presenta ás eleccións municipais.
Equipo do Partido Popular de Trasmiras, encabezado por Emilio Pazos, que se presenta ás eleccións municipais.

O Partido Popular de Trasmiras, cunha imaxe de grupo, presentou de forma oficial ao equipo que forma parte da súa lista para as vindeiras eleccións municipais, que terán lugar o 28 de maio. Emilio Pazos, actual alcalde da localidade, encabeza a candidatura dos populares na que hai nove titulares e catro suplentes.

 

O equipo cualifícano os populares de Trasmiras como "unido, cohesionado, transversal e preparado", no que hai diversos perfís nos que se mesturan e complementan "experiencia e xuventude". A maiores de todo isto destacan un importante punto sobre esta candidatura e é que todos os que forman parte dela, teñen "moitísimas ganas de traballar por Trasmiras".

Pazos, que é alcalde no concello dende o 2007, agarda ser reelixido para poder cumprir 20 anos no cargo para o final do próximo mandato. Aposta por compañeiros que xa o acompañaron nas listas do 2019, pero inclúe algúns nomes novos para afrontar estas eleccións baixo o lema "Trasmiras entre todos".

NOTICIAS A LIMIA | O PP de Trasmiras presenta unha candidatura que une "experiencia e...
comentarios