As primeiras investigacións apuntan a unha explosión de gas

NOTICIAS A LIMIA | Atopan a unha nonaxenaria morta debaixo de escombros no seu domicilio, en Trasmiras

Os servizos sanitarios non puderon facer nada pola vida da nonaxenaria.

Unha veciña de Abavides, en Trasmiras, foi atopada morta debaixo de escombros, na súa propia vivenda. Ata o lugar acudiron os servizos sanitarios, bombeiros de Xinzo e representantes da empresa subministradora de gas. As primeiras investigacións apuntan a un escape e posterior explosión dunha bombona de butano.