viernes. 26.04.2024

A Garda Civil de Trasmiras detivo onte a un home de 41 anos, veciño da Coruña, como presunto autor dun delito contra a saúde pública por levar consigo 712 gramos de marihuana, segundo informa a Comandancia de Ourense nun comunicado este mércores.

A Garda Civil explica que o home circulaba nun vehículo pola autovía A-52, no termo municipal de Trasmiras. Despois dunha inspección, os axentes localizaron no interior cinco paquetes que contiñan marihuana, cun peso total de 712 gramos. O caso pasou ao Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia.

Por outra parte, a Garda Civil presentará hoxe en Ourense o Equipo Pegaso (Policía Especialista en Gestión Aeronáutica y de Seguridad Operacional), unha "policía do aire", como a define nunha nota de prensa a Garda Civil, que se dedica a vídeo vixilancia e tamén á investigación policial de incendios forestais entre outros labores. O equipo leva funcionando en Ourense desde febreiro deste ano e está formado por tres gardas civís. 

En total, segundo informa a Garda Civil, están operativos 54 equipos Pegaso, con 171 axentes, no territorio español. A presentación terá lugar na Comandancia esta mañá e acudirán o Subdelegado do Goberno en Ourense e o Tenente Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil de Ourense.
 

NOTICIAS A LIMIA | Detido na A-52 en Trasmiras un home con 5 paquetes de marihuana