viernes. 04.10.2024

O Concello de Trasmiras acaba de anunciar un novo proxecto -en fase de desenvolvemento- que ten coma obxectivo a construción dunha residencia de anciáns.

A gran necesidade de dispoñer dun lugar para o coidado da xente maior é cada vez máis notable. En Trasmiras aumenta o número de persoas da terceira idade, encontrándose dentro do grupo a dependentes e xente que require de coidados especiais. A axuda a domicilio non é suficiente para paliar toda a demanda de atención requerida.

É por iso que o concello está planificar a creación dunha residencia de anciáns na "Pobla da Santa", un lugar situado ás aforas do centro de Trasmiras. A finca conta cun parque infantil na contorna e con diversas zonas verdes que xa son usadas coma camiño típico de paseo polos residentes da zona.

A idea inicial é crear un recinto que dispoña de todos os servizos necesarios para o bo coidado e asistencia dos residentes. Tamén destacan a necesidade de crear unhas 50 prazas para paliar a demanda de atención, tendo preferencia de admisión a xente do concello.

Esta mañá celebrouse un pleno por parte do alcalde de Trasmiras, Emilio Pazos, e diversos concelleiros para formalizar a solicitude da cesión dos terreos e que constara en expediente, pois a propiedade dos mesmos pasa a ser comunal, a mans dos veciños. Con isto dase pé a un proxecto que mellorará a calidade de vida de moitos habitantes do concello.

NOTICIAS A LIMIA | Trasmiras planea a construción dunha residencia de anciáns