viernes. 04.10.2024

Os casos activos de coronavirus na comarca continúan a subir e suman un total de 35 en todo o territorio.

Os concellos que máis a están a preocupar polo seu ascenso son Trasmiras e Xinzo de Limia, os cales rexistran xa once positivos cada un, aumentando a mesma cantidade dente o día de onte -dous casos novos por municipio- . Aínda así, Trasmiras conta cunha poboación moito menor ca Xinzo, 1272 habitantes con en comparación cos case dez mil da capital do Entroido.

Porqueira tamén suma contaxios, aínda que de xeito máis lento cun só novo caso. Na xornada de hoxe contabiliza cinco positivos.

Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio e Vilar de Santos non presentan cambios entre os seus datos do virus.

O resto de concellos membros da comarca da Limia seguen a ter as cifras a cero.

Así queda o rexistro de positivos na Limia o 17/11:

  • Baltar: 0
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 0
  • Porqueira: 5 (+1)
  • Rairiz de Veiga: 0
  • Sandiás: 3
  • Sarreaus: 1
  • Trasmiras: 11 (+2)
  • Vilar de Barrio: 3
  • Vilar de Santos: 1
  • Xinzo de Limia: 11 (+2)

CORONAVIRUS A LIMIA | Trasmiras, con 11 casos, en risco extremo de propagación da Covid...