viernes. 26.04.2024

O Concello de Trasmiras debatirá este xoves a partires das 13:30 horas no salón de plenos os orzamentos para este 2021. O presuposto co que conta o Concello de Trasmiras é dun total de 900.500€.

A metade deste diñeiro está destinado a cubrir os gastos do persoal o que supón un total de 440.685€, que representa unha porcentaxe do 48,93%. Outros cartos van para gastos correntes en Bens e Servizos cun total de 308.705€, o que representa un 34,28%. 

En relación aos ingresos, o Concello ingresará por Impostos Directos  269.000€, de Taxas, Prezos Públicos e outros ingresos un total de 106.300€ e de Transferencias Correntes 497.000€

Ademais, no pleno farase constancia da renuncia do concelleiro José Antonio Rodríguez González. O alcalde expresa que sinte "tristura" pola súa marcha. Pazos asegura que José Antonio seguirá sendo un concelleiro "de calle" porque non vai deixar de atender as preocupacións da veciñanza deste municipio. Rodríguez declara que a súa marcha non é debido a "ningún motivo político" sinon que é por "motivos persoais". 

O Concello de Trasmiras terá 900.000€ para gastar neste 2021