miércoles. 06.11.2024

O Museo da Limia traballa nunha nova petición para que a Real Academia Galega lle adique por fin un Día das Letras Galegas a Antón Tovar (Rairiz de Veiga, 1921 - Ourense, 2004) o ano que vén. No 2024, cumpriranse dúas décadas do seu pasamento e dende o Museo da Limia consideran que "o poeta limiao é merecente de que a RAG" lle faga esta homenaxe

Antón Tovar é unha das voces líricas máis importantes da literatura da segunda metade do século XX, un poeta "maiúsculo", como o calificou o académico Xesús Alonso Montero. Foi autor de sete poemarios que van de Arredores, publicado no 1962, ata Cadáver adiado, do 2001, pasando por outras obras como o conxunto de relatos A grande ilusión e outros contos, de 1990.

 

Polo centenario do nacemento do poeta, o pasado 2021, o Museo da Limia impulsou a publicación Antoloxía poética de Antón Tovar na que se reúnen textos representativos dos seus sete poemarios galegos. A obra está coordinada por Delfín Caseiro xunto con Alonso Montero, coas ilustracións de Xosé Lois Carrera e editada por Xerais.

O Museo da Limia elaborará unha solicitude que presentará, "en breve", á RAG. Este ano, o Día das Letras Galegas rende homenaxe ao escritor lucense Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, 1913- Vigo, 2010). 

NOTICIA A LIMIA | Impulsan unha petición para dedicar o Día das Letras Galegas a Antón...