sábado. 20.04.2024

O Padroado do Museo da Limia culminaba na tarde do venres, coa publicación dunha Antoloxía poética, os actos conmemorativos do centenario do nacemento do poeta limiao Antón Tovar, natural de A Pereira. A obra foi presentada no Museo da Limia, en Vilar de Santos, coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.

padroado 1
Valentín García, Xosé Lois Carreira e Antón Jardón. | FOTO: Noelia Caseiro. 

Esta antoloxía recolle 67 composicións dos 7 poemarios galegos do autor e comprende a súa creación de case 40 anos, dende Arredores (1962) até Cadáver adiado (2001). A obra, ábrese con limiar de Alonso Montero, seguido dunha breve introdución biográfica da autoría de Delfín Caseiro e conta con ilustracións do artista, tamén limiao, Xosé Lois Carreira; todos eles presentes no acto. 

Valentín García. | FOTO: Noelia Caseiro. 

Os actos de celebración do centenario do nacemento do autor, organizados polo museo no ano 2021, procuraban potenciar a presenza do poeta en tódolos ámbitos. Con esta antoloxía poética, idea do profesor Alonso Montero e co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a entidade museística quere levar aos centros educativos e aos fogares galegos a poesía auténtica e vivencial de Antón Tovar, unha das voces líricas máis importantes da segunda metade do século XX. Así, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades mostrouse
satisfeito de:

"Facer accesible con esta publicación o fundamental da obra dun dos poetas en lingua galega máis importantes da posguerra e que, con todo, non é debidamente coñecido e lido polo gran público, algo que coido que esta antoloxía contribuirá a corrixir”.

padroado 5
Xosé Lois Carreira e Antón Jardón presentando as ilustracións. | FOTO: Noelia Caseiro. 

Ademais, no acto tamén se inaugurou a exposición coas láminas das ilustracións que acompañan esta antoloxía e que poderán visitarse no propio Museo da Limia. A institución, con vocación de entidade aberta e dinámica, ten un especial empeño en promover e difundir as creacións que se producen no territorio. A Biblioteca da Limia recolle, dende o ano 2018, boa parte da producción de máis de cincuenta autores, entre eles o poeta da Pereira.
 

padroado 6
Xesús Alonso Montero e Gonzalo Iglesias Sueiro. | FOTO: Noelia Caseiro.

NOTICIAS XINZO | Antón Tovar: catro décadas de creación poética