O incendio declarouse onte preto das 13:00 horas

NOTICIAS A LIMIA | Controlan o lume que calcinou 8 hectáreas en Vilar de Santos

Vista do lume que se declarou onte en Vilar de Santos.
Os traballos dos medios de extinción permitiron controlar ás 23:23 horas da pasada noite o lume que se declarou onte ó mediodía nuns pastos en Vilar de Santos, concretamente na parroquia de Parada de Outeiro. Medio Rural calcula que a superficie afectada é dunhas 8 hectáreas.