Venres. 29.03.2024

Este sábado comezará no Museo da Limia un novo curso, neste caso cunha oferta formativa de cestería de base rectangular, que se levará ao longo deste mes. A formación estará impartida polo cesteiro da Asociación de Artesáns da Limia Limiar, Sergio Moreno.

 

As citas terán lugar cada sábado de marzo na sede do museo en Vilar de Santos. O horario é de 10:00 a 13:00 horas e as inscricións pódense facer a través do número de teléfono 617 30 33 42 ou contactando nas redes sociais do Museo da Limia. O custo é de 40 euros, nos que se inclúen os materiais precisos para desenvolver o curso.

O museo, que reabriu o pasado 18 de febreiro despois de pechar a comezos deste ano para preparar este 2023, conta tamén cun horario para visitar as súas instalacións. Este é sábados e domingos 11:30 a 13:30 horas nas mañás e de 16:00 a 18:00 horas nas tardes.

NOTICIAS A LIMIA | O Museo da Limia organiza un curso de cestería ao longo deste mes