O Concello de Vilar de Santos organiza un campamento dixital gratuíto dirixido a nenos e nenas de entre 12 e 13 anos, que se celebrará do 21 de xullo ao 1 de agosto na aula CEMIT municipal, en horario de 10:00h a 13:00h.
Baixo o nome de Campamento Dixit@l, esta iniciativa da Fundación Cibervoluntarios pretende fomentar o uso seguro, creativo e responsable de Internet a través de actividades, aventuras e retos adaptados á idade dos participantes. Durante as sesións, os rapaces e rapazas aprenderán a crear contido dixital, identificar noticias falsas, xestionar a súa privacidade nas redes sociais e moito máis.
O campamento ofrece tamén un certificado oficial DigComp de competencias dixitais, e está incluído no programa estatal CODI, financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais.
As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse ata o 20 de xuño nos Servizos Sociais do Concello.
