sábado. 20.04.2024

O avance do coronavirus segue imparable no concello de Xinzo de Limia. Dun día para o outro, a localidade notifica máis de catro casos deixando unha cifra de dez positivos. Con isto, a tendencia a baixa e a estabilidade que había fai apenas uns días, estase borrando no informe de Covid - 19 que emite o Servizo Galego de Saúde. Polo tanto, a situación epidemiolóxica que hai é a seguinte:

  • Xinzo de Limia: dez casos
  • Trasmiras e Os Blancos: un caso
  • Baltar, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio e Vilar de Santos: cero casos

O coronavirus segue imparable en Xinzo