martes. 12.05.2026

A.C. Civitas Limicorum, en colaboración co Concello de Xinzo de Limia, organizará o vindeiro 30 de maio a III Concentración Nacional de Vestais (Vestalias 2026), unha cita que continúa buscando consolidarse dentro do panorama do recreacionismo histórico da península.

O evento reunirá en Xinzo de Limia a diferentes agrupacións vinculadas á cultura da antiga Roma, cun programa centrado na posta en valor da figura da muller dentro da tradición romana. Nesta edición participarán representacións chegadas desde AstorgaLugo e Mérida.

A programación arrancará ás 17:00 horas coa incorporación, por primeira vez, de xogos infantís, unha novidade coa que a organización pretende achegar a celebración aos máis pequenos. Posteriormente, ás 19:00 horas, desenvolverase o desfile inaugural, mentres que ás 19:30 horas terá lugar o tradicional Prendido do Lume Sagrado.

Un dos actos centrais da tarde celebrarase ás 20:00 horas coa representación de Torta de Mola na Antiga Roma, a cargo das vestais de Astures y Romanos de Astorga.

A programación incluirá desfiles, danzas, espectáculos de lume e lanzamento de faroliños.
A programación incluirá desfiles, danzas, espectáculos de lume e lanzamento de faroliños.

Xa durante a noite, ás 22:45 horas, as vestais de Emerita Ludica, procedentes de Mérida, protagonizarán a Danza do Lume Sagrado. A continuación, ás 23:00 horas, desenvolverase un espectáculo profesional de lume a cargo de Zeltia, que servirá de antesala para a Preservación do Lume Sagrado, prevista para as 23:30 horas e protagonizada polas vestais do Arde Lucus de Lugo.

O presidente da Civitas LimicorumMarcos Argibay, destacou a importancia de seguir consolidando esta cita cultural en Xinzo de Limia. É unha satisfacción seguir sumando cada ano vestais de distintos puntos da península e do recreacionismo histórico, contando nesta ocasión con Astorga, Lugo e Mérida. Estas xornadas son fundamentais para poñer en valor a figura da muller no contexto da antiga Roma, sinalou.

A programación concluirá ás 00:00 horas co Lanzamento de Faroliños, unha actividade que este ano se abrirá á participación de todo o público. Desta maneira, calquera persoa que o desexe poderá achegarse para lanzar o seu propio faroliño e pedir un desexo ao ceo da Limia.

A Civitas Limicorum reunirá a vestais de Lugo, Mérida e Astorga o 30 de maio | NOTICIAS...