Venres. 29.03.2024

A Deputación de Ourense outorga 15.000€ ao proxecto do CDR "O Viso" de intervención para poder seguir desenvolvendo actuacións preventivas e de dinamización da comunidade que permiten dar solucións innovadoras ás problemáticas.

Todos os seus programas están dirixidos a toda a comunidade. Por ista razón, destacan a área de Atención á comunidade e servizos de proximidade co Programa de emerxencia ás necesidades básicas e outros recursos, a atención psicolóxica e terapia ocupacional no centro e a domicilio, a alfabetización dixital para persoas maiores. Tamén, está a área educativa e de conciliación que traballan a prol da conciliación real da vida persoal, familiar e laboral. Despois, existen ás áreas de inclusión laboral e social e a de reto demográfico que versa sobre a sensibilización e concienciación sobre o despobomento. 

A Deputación concede 15.000€ ó programa do CDR "O Viso"