jueves. 25.04.2024

O Concello de Xinzo de Limia vén de decretar tres días de loito oficial polo finamento do que fora alcalde do municipio entre os anos 1998 e 1999, Ramón de la Fuente Galván

O finado era unha persoa moi querida en Xinzo de Limia, onde traballou como médico. O excalde presidiu tamén o Antela Fútbol Club e foi concelleiro de Alianza Popular entre os anos 1971 e 1983. Voltaría á política local en 1991, xa baixo as siglas do Partido Popular. Ocupou escano na Corporación Municipal ata 1999.

Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio Lamas, e alí permanecerán ata este luns día 1 de novembro ás 17:45 horas. Logo, serán trasladados para seren incinerados na intimidade familiar. 

A misa funeral polo seu eterno descanso terá lugar o martes día 2 de novembro ás 16:00 horas, na igrexa parroquial Santa Mariña de Xinzo de Limia. 

NOTICIAS A LIMIA | Xinzo decreta tres días de loito polo falecemento de Ramón de la Fuente