viernes. 19.04.2024

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda anunciou onte que investirá uns 246.937,41 euros na execución das obras de reforzo, adecuación ou reforma da instalacións da rede de distribución de enerxía eléctrica do parque empresarial de Xinzo de Limia.


Nun comunicado de prensa emitido este sábado a consellería informou do acordo esta semana do Consello de administración de Xestur, que autorizou a contratación destes traballos para mellorar o equipamento xeral.


Ademais, lembra que Xunta licitou o pasado mes de novembro as obras de urbanización da ampliación do polígono, por importe de máis de 3,6 millóns de euros, e prevé a súa adxudicación para o vindeiro mes de marzo.


O parque de Xinzo de Limia ampliarase en 118.695 metros cadrados, dos que 86.521 se corresponden coas 23 novas parcelas deste ámbito empresarial.
 

NOTICIAS A LIMIA | A Xunta anuncia un investimento de case 250.000 euros no parque...