martes. 08.10.2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá o parque empresarial de Xinzo de Limia en compañía da alcaldesa, Elvira Lama, e diversos concelleiros da vila. Na xuntanza, o representante do goberno informou da licitación das obras de ampliación do complexo industrial nas que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda investirán 3,8 millóns de euros.

O parque empresarial está composto por terreos urbanizados e desenvoltos en dous sectores - o un e dous- . As parcelas lucrativas deste parque están xa todas adxudicadas, polo que non existe ningunha dispoñible. É por iso que a ampliación do recinto preverá a urbanización dos terreos contiguos a ambos os dous sectores, abarcando unha superficie de 695.860 metros cadrados.

A primeira fase da reforma que se executará é a o do polígono número dous, que conta cunha superficie bruta de 117.418 kilómetros cadrados que serán distribuidos en 22 parcelas de uso lucrativo -19 industriais e comerciais e catro de uso terciario- .

A obra de urbanización deste sector sae a concurso por un importe de 3.604.826,44 euros, e conta cun prazo de execución de nove meses dende a sinatura do contrato de adxudicación. Tamén están en concurso os contratos de dirección facultativa por unha cifra de 88.000 euros -máis IVE- e os de control de calidade das obras de urbanización por 65.717,44 -máis IVE- .

NOTICIAS A LIMIA | Saen a poxa as obras de ampliación do parque empresarial de Xinzo