viernes. 19.04.2024

Xa está dispoñible para a súa descarga o Bono Activa Comercio que ofrece Xunta de Galicia dende hoxe 15 de maio. A súa obtecioón permite mercar con descontos nos establecementos adheridos a esta iniciativa. Os clientes do comercio de proximidade só teñen que descargar o bono, en formato QR, a través da web bonosactivacomercio.gal. Nela, os beneficiados poderán consultar a lista de comercios adheridos.

Son máis de 4.000 establecementos os que se sumaron ao proxecto nesta ocasión. A terceira edición deste programa, conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros e con este preténdense mobilizar 8,5 millóns de euros en vendas, contribuíndo a dinamizar o sector e a implicar á cidadanía no impulso do comercio local, que é a clave para a economía das vilas e cidades.

Como principal novidade desta edición, e para optimizar o seu funcionamento, non se limitará o número de usuarios que poden descargarse os bonos -un por persoa-, senón que cando o importe total dos descontos realizados alcance os 2,5 millóns de euros, os bonos descargados xa non se poderán utilizar.

No seguinte vídeo ensinámosche como descargalo:

NOTICIAS XINZO | Xa está dispoñible o Bono Activa Comercio para mercar con descontos no...