domingo. 28.04.2024

O GDR Limia-Arnoia formará parte da IV edición da feira Alimagro, que terá lugar dende este venres ata o domingo en Xinzo. A asociación disporá dun expositor propio no que darán a coñecer os seus proxectos, pero tamén produtos agrícolas producidos a nivel local.

A entidade aproveitará a súa presenza en Alimagro para promocionar o seu proxecto Aterra, unha iniciativa que puxeron en marcha o ano pasado e que queren dar a coñecer entre os visitantes da feira. O obxectivo de Aterra é impulsar novos proxectos agrogandeiros a través dunha ferramenta na que propietarios e damandantes de terras poidan poñerse en contacto.

 

Por outra banda, o GDR Limia-Arnoia empregará este espazo para promocionar produtos locais de tempada. Para facerlo, contará con dous obradoiros de cociña e unha posterior degustación. Esta actividade enmárcase no proxecto de cooperación Eurochef II, no que participa o grupo xunto co GDR Terras de Pontevedra Norte e con outros dous de acción local de Bulgaria e de Lituania.

 

O sábado ás 12:00 horas terá lugar o primeiro destes obradoiros de cociña, a cargo de Juan Cortés, quen fará unha proposta con produtos da horta e lácteos. O domingo, á mesma hora, será o turno de Gerson Iglesias para preparar un prato vexetal. Os dos profesionais forman parte do grupo Cociña Ourense.

Cartel dos obradorios de cociña cos que colabora o GDR Limia-Arnoia en Alimagro.
Cartel dos obradorios de cociña cos que colabora o GDR Limia-Arnoia en Alimagro.

 

NOTICIAS XINZO | O GDR Limia-Arnoia promocionará Aterra na feira de Alimagro