O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso organizou esta tarde o II Congreso Rural Limiao do Despoboamento, que tivo lugar en Lodoselo. O obxectivo deste encontro foi buscar formas para frear o abandono do rural, polo que se traballa intensamente dende O Viso con respecto á poboación da Limia.
O congreso quixo expor, dun "xeito popular", cuestións que fallan e provocan a xente siga marchando. Camilo Vila puxo como exemplo o traballo dun CDR de Asturias, ten os mesmos problemas para evitar o despoboamento. Os veciños que participaron nesta iniciativa, aportaron as súas opinións e visións, para dar cunha resposta. O alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas, tamén estivo presente.
Ademais, abordáronse as dificultades para acceder a unha vivenda, marcado en moitas ocasión polos "medos" dos propietarios á hora de ceder as súas propiedades para que outros as habiten baixo un réxime como pode ser o aluguer. Para iso contaron con Iago Prado, da Asociación Provivenda; e con Anxo Louzán, da Asesoría Xiama.