sábado. 27.04.2024

A Confederación Hidrográfica do Miño Sil, O.A. sanciona ao Banco Santander e a S.A., Aliseda - Servizos de Xestión Inmobiliarias como consecuencia das denuncias formuladas por Amigos da Terra, a Dirección Xeral da Garda Civi (Seprona de Lobios); a Sociedade Galega de Historia Natural e a Fiscalía Provincial de Ourense, sobre o depósito de residuos de lixo e contaminación (residuos de obras, plásticos, neumáticos, aceites, restos de teitos con amianto, etc.,) na parcela 292 do polígono 501 no lugar de Pedra Alta, antiga Lagoa de Antela, no municipio de Sarreaus. 

Restos de residuos contaminantes en Pedra Alta (Sarreaus).Restos de residuos contaminantes en Pedra Alta (Sarreaus).

O alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lama Alvar, manifestou que "o concello non era o titular da finca" e que ademais, o terreo "fora vendido a 2Extracción de Áridos Linmar, S.L". En base a estas alegacións, o Goberno local foi eximido de responsabilidades. 

Con isto, a Confederación Hidrográfica dictou na resolución comunicativa que o Banco Santander e a súa inmobiliaria deben, en un prazo de 15 días, retirar o depósito de residuos directamente no terreo sin impermeabilizar e que, de non cumprir o ordenado, procederase a imposición de multas coercitivas previstas no artigo 103 da Ley 39/2015, do 1 de outubro. 

A Confederación Hidrográfica sanciona ao Banco Santander polos vertidos de residuos na...