Xoves. 28.03.2024

O conselleiro do Medio Rural, José González, trasladou, esta tarde no salón de plenos da casa do Concello de Xinzo, aos alcaldes da comarca a proposición de crear unha Comisión Interdepartamental, coa participación da Xunta e da Administración Xeral do Estado, orientada á mellora da xestión ambiental das dexeccións gandeiras e do regadío na Limia. Nesta xuntanza tamén estivo a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé.

A proposta recolle a incorporación a esta comisión das consellerías do Medio Rural e de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, por parte da Xunta, da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, por parte da Administración Central.

O titular da Consellería do Medio Rural trasladou aos alcaldes que xa ten "moi avanzado" o borrador do Plan Estratéxico do sector agrario da Limia (PEL) e pediulles as súas achegas para “completar e mellorar, no posible, este documento inicial” que despois, será avaliado pola Mesa da Limia. González explica que este Plan “supón, por parte da Xunta, reafirmar o seu compromiso co desenvolvemento sustentable” da comarca.

Xunta e alcaldes da Limia, na procura dun modelo de xestión de residuos agrogandeiros...